A Deputación destinará máis dun millón de euros á adquisición de novos composteiros

Pontevedra
20 de setembro 2016

O vicepresidente provincial César Mosquera anunciou unha nova fase do Plan Revitaliza con axudas para os Concellos e a elaboración de planos de residuos e adquisición de composteiros individuais e comunitarios

César Mosquera presenta unha nova fase do plan Revitaliza
César Mosquera presenta unha nova fase do plan Revitaliza / PontevedraViva

A Deputación afronta unha nova fase dentro do Plan Compost Revitaliza coa emisión dun comunicado a todos os concellos da provincia para propoñerlles axudas coa intención de que se elabore un plan municipal  de residuos centrado na compostaxe, ao mesmo tempo que se ofrece outra axuda para a compra de composteiros tanto individuais e comunitarios.

Na primeira fase, instaláronse 20 centros de compostaxe comunitaria en 11 concellos que entraron o funcionamento o 1 de agosto. O vicepresidente provincial, César Mosquera, informaba este martes das escasas incidencias que se produciron durante estas experiencias, que relacionou co descoñecemento por parte dos usuarios. Sinalou que a máis grave rexistrouse nun composteiro no que se vertieron 50 quilos de cabezas e tripas de atún procedentes dun restaurante e foi necesaria unha intervención dos técnicos especialistas para reducir o dano causado.

Para a nova fase, a Deputación destinará máis de 1.150.000 euros para a adquisición de novos composteiros. Tamén se abre unha convocatoria de cursos de formación para traballadores municipais ou empresas que se encargan do servizo de recollida de residuos. Mosquera apuntou que outros 11 concellos atópanse na fase de colocación dos composteros comunitarios e destacou que algúns xa contan con plataformas de base para a instalación.

O vicepresidente da Deputación insistiu en que a rebaixa nos gastos que se pode obter nos composteros individuais a través deste sistema pode chegar a situarse na metade do que se gasta agora co traslado dos residuos a Sogama. Nos comunitarios, esa redución dos gastos sitúase entre o 35 e o 40%