A Deputación dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a 20 municipios da provincia

Umia
19 de xullo 2020

Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes. Nesta ocasión, serán, entre outros, para Caldas, Meaño, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Campo Lameiro, Ponte Caldelas ou Portas

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra /

A Deputación de Pontevedra aprobou na Xunta de Goberno desta semana novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde. Entre outros, deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores semiautomáticos (DESA). 

A idea é instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, entre eles, Caldas, Meaño, Moaña, VilanovaCuntisA Illa de ArousaSanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces.  

Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes.

A Xunta de Goberno tamén aprobou axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, entre eles, O Grove, que recibirá 90.000 euros para realizar á súa aportación ao proxecto 'Sanxenxo-O Grove: Polos Turísticos Intelixentes'.

Presentado pola Mancomunidade do Salnés, foi seleccionado na convocatoria de Red.Es para dotar aos concellos de instrumentos tecnolóxicos con destino á mellora dos servizos turísticos

 Bueu percibirá case 134.000 euros para o financiamento da rexeneración do entorno da igrexa de Ermelo.