A Deputación lanza un programa para fomentar a innovación como ferramenta clave de desenvolvemento da provincia

Pontevedra
16 de setembro 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este xoves a primeira convocatoria do programa "DepoInnova" de compra pública de innovación, que se espera cofinanciar con fondos europeos a través do Ministerio de Ciencia e Innovación e do PERTE de dixitalización do ciclo da auga do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Primeira convocatoria do programa "DepoInnova"
Primeira convocatoria do programa "DepoInnova" /

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este xoves a primeira convocatoria do programa "DepoInnova" de compra pública de innovación, que se espera cofinanciar con fondos europeos a través do Ministerio de Ciencia e Innovación e do PERTE de dixitalización do ciclo da auga do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Para a execución do proxecto empregarase maioritariamente o instrumento de compra pública de innovación, para promover así a innovación como a ferramenta clave de desenvolvemento da provincia e para a procura de solucións innovadoras aos retos aos que se enfronta.

Esta seis retos definidos pola Deputación para o desenvolvemento da provincia son a dixitalización do ciclo da auga, a xestión dos residuos e economía circular, xestión integral de infraestruturas provinciais, dixitalización da Administración pública provincial, programas Sociais e de emprego e, finalmente, o Museo de Pontevedra do século XXI.

A Deputación convoca un proceso de consulta preliminar ao mercado, co obxecto de coñecer o nivel de madurez e a estado da arte das potenciais solucións innovadoras que poderían incorporarse para resolver os retos que se presentan.

Carmela Silva explicou que este programa nace con espírito de continuidade e que xurdiu dun "gran traballo para delimitar as seis áreas que criamos que debían ter respostas innovadoras para mellorar a xestión pública".

A xornada presencial deste xoves contou cunha gran asistencia con máis de 100 especialistas do "ecosistema da innovación" que encheron o Salón de Plenos do Pazo provincial.

A prazo para presentar propostas a "DepoInnova" continúa aberto ata o próximo 28 de setembro, e Carmela Silva animou a todas as persoas presentes, así como ás empresas, institutos tecnolóxicos, centros de investigación e universidades da provincia e de todo o Estado, a presentar as súas ideas.