A Deputación presenta o Plan Estratéxico de Turismo para o próximos tres anos

Pontevedra
19 de decembro 2017

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia 2017-2020. Un "rigoroso" documento de xestión dunhas 400 páxinas elaborado tras unha "análise exhaustiva da realidade" cuxo principal obxectivo é consolidar ás Rías Baixas como "un destino de excelencia e sustentable" desde o punto de vista económico e ambiental

Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Pontevedra 2017-2020 / Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia 2017-2020. Un "rigoroso" documento de xestión dunhas 400 páxinas elaborado tras unha "análise exhaustiva da realidade" cuxo principal obxectivo é consolidar ás Rías Baixas como "un destino de excelencia e sustentable" desde o punto de vista económico e ambiental.

Carmela Silva explicou que esta "ferramenta de xestión para o próximos tres anos" foi elaborada de maneira "participativa e consensuada" entre todos os axentes implicados no sector turístico da provincia a través do establecemento de canles de participación activos e da celebración de mesas de traballo conxunto.

Entre os obxectivos fixados atópase ofertar un destino "multiexperiencial" a través da implantación dunha carteira de produtos turísticos que poñan en valor a riqueza do territorio e que se dirixan a públicos específicos de demanda con capacidade de desestacionalización.

Tamén se traballará para posicionar o destino Rías Baixas, a través da definición duns "valores de marca" e coa proposta de plans de comunicación e promoción "adecuados e adaptados" a novos fluxos de mercados, tanto nacionais como internacionais.

O novo plan estratéxico da Deputación de Pontevedra pretende promover unha xestión do destino turístico "coordinada, compartida e eficiente" para implementar "conxuntamente co sector turístico privado" accións que beneficien ao destino.

Carmela Silva explicou que o plan contempla cinco liñas estratéxicas, 11 plans específicos e 40 accións diferenciadas para o que se dispoñerá no orzamento provincial de 12 millóns de euros.

Un dos capítulos destacados neste plan é a denominado "Xestión e Gobernanza" que propón a creación dunha Mesa de Turismo da provincia de Pontevedra con carácter "propositivo, de observación e seguimento do plan" que, segundo Carmela Silva, establecerá un modelo baseado na "optimización, eficiencia e coordinación" habilitando para iso canles de comunicación interadministrativa, establecendo un marco de colaboración entre axentes públicos e privados, creando unha rede de oficinas e captando financiamento europeo a través da realización de proxectos europeos.

"Queremos traballar xuntos", insistiu a presidenta da Deputación, "para que nosas políticas sirvan para o desenvolvemento económico de toda a provincia".

Así se crease unha carteira de produtos turísticos prioritarios, sensibilizarase á poboación a través de iniciativas que fomenten o coñecemento do patrimonio natural e cultural, impulsaranse plans de competitividade e de profesionalización do sector, habilitaranse liñas de apoio a empresas de comercialización, plans de promoción online, renovación do material promocional do destino, entre outras iniciativas.

Finalmente a presidenta provincial anunciou un "salto cara á dixitalización" que inclúe este plan que aspira a converter as Rías Baixas nun "destino intelixente", xerar contidos e promoción e "posicionar a este destino no mundo".