O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presumiu este martes da boa saúde económica da institución provincial e, como exemplo, insistiu en que o periodo medio de pagamento a proveedores se sitúa en 14 días, iso é, está "moi por enriba das esixencias legais que teñen as Administracións Públicas".
Segundo indicou, unha vez presentada a factura ou certificación, a Deputación tardaba no ano 2013 unha media de 21 días en pagar. No ano 2014 que está a piques de rematar aínda se reduciu máis, segundo figura no informe de Intervención relativo á actividade anual en comparación co ano pasado.
Louzán aportou estes datos ao remate da Xunta de Goberno da Deputación e indicou que o número de proveedores da Deputación foi de 1.745 no ano que remata fronte aos 1.730 do ano 2013. Estes provedores prestaron servizos e suministros por valor de 48,1 millóns en 2014 fronte aos 52,7 do 2013.
O volume de actividade económica da institución provincial cifrouse en 194,5 millóns de euros. O volumen de negocio en inversións (as obras adxudicadas e as facturas aprobadas) foi de 98,3 millóns en 2014 fronte aos 78,5 millóns do ano pasado.
O organismo pagou 14.069 facturas este ano 2014, fronte ás 14.869 de 2013 e adxudicou obras a 311 empresas diferentes mentres que o ano anterior firmáronse contratos con só 277 sociedades adxudicatarias.