Ata 230.000 euros investirá a Deputación de Pontevedra nunha nova actuación de mantemento na cidade infantil Príncipe Felipe. Neste caso, o goberno provincial prevé reparar a cuberta e a fachada do auditorio das instalacións.
As obras consistirán na demolición da cuberta plana, o desmonte dos elementos en mal estado, a instalación dunha nova capa de impermeabilización, a colocación de novas xanelas, a substitución de todos os falsos teitos ou a reparación das xuntas.
Carmela Silva explicou que, só nos dous últimos anos, a Deputación destinou máis de dous millóns de euros a reparacións neste centro que, segundo lembrou, tiña deficiencias "moi serias" en todos os seus edificios cando chegaron ao goberno en 2015.
O anterior executivo do PP, dixo a presidenta provincial, deixou Príncipe Felipe nunha situación "deplorable" con problemas de humidades e filtracións que provocan "dificultades" para que o centro teña as condicións "adecuadas" de habitabilidade e seguridade.
Por todo iso, engadiu Silva, "me sorprende" que desde a oposición e desde "algún sindicato" se cuestione o "compromiso" da Deputación con esta cidade infantil cando "estiveron calados durante anos" permitindo que as instalacións "se deteriorasen".
"Algún falan e non actúan e nós falamos e melloramos as cousas", concluíu a presidenta da Deputación.