A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou á empresa viguesa Mecano Sport a renovación da herba sintética do campo da Xunqueira por un importe de 272.243,14 euros.
Esta empresa oferta melloras como o incremento do prazo de garantía a nove anos máis (un ano era o tempo mínimo que esixía o prego de condicións) e a doce anos o mantenemento.
Ademais tamén mellora o espesor e o peso da fibra sintética
Ademais tamén mellora o espesor e o peso da fibra sintética e aportará un xogo de bancos, dúas porterías de fútbol sete, uns canóns de rega e iluminación para a bancada.
Nos próximos días a empresa terá que cumprimentar a documentación administrativa e técnica que lle falta a requirimento dos servizos técnicos municipais.
Sobre o calendario dos traballos de renovación do tapiz, o portavoz do Goberno local, Raimundo González, sinalou que "por parte dous Servizos se prefire que sexa máis cara á primavera que non agora" aínda que a última decisión terá que ser acordada entre as partes, incluíndo aos equipos deportivos afectados.
A climatoloxía será o factor determinante nesta decisión.
O campo municipal de A Xunqueira foi primeiro de herba sintética que houbo na cidade e a día de hoxe ten practicamente esgotada a súa vida útil. É do ano 1999 e foi obxecto dunha primeira renovación no 2005. Precisa dunha nova substitución da superficie de xogo por outra de nova xeración co fin de contar con boas prestacións deportivas, con garantías de calidade e sobre todo de seguridade para os deportistas.