Profesores e alumnos da Escola de Restauración iniciarán este martes unha "marcha imparable" para reclamar unha solución "á inxustiza orixinada en xaneiro de 2012, e alimentada pola Xunta de Galicia".
Ao longo de tres xornadas, percorrerán o Camiño de Santiago, difundindo a súa profesión por cada parroquia e vila do itinerario.
Informarán á sociedade galega "dos perigos que supón para a Conservación a desregulación profesional", alén do agravio comparativo coas universidades que xa están prontas para titular a primeira promoción de Grao en Conservación e Restauración, "coa cal competiremos en clara desigualdade", dixeron os voceiros do alumnado.
O colofón será a chegada a Santiago de Compostela, onde solicitarán reunirse co Conselleiro de Educación e pedirán amparo ao Valedor do Pobo.
Estes alumnos e profesores esperán recibir o apoio de compañeiros de outras carreiras universitarias e tamén dos grupos parlamentarios galegos.