O PP rexeita a titulación universitaria para a Escola de Restauración no Parlamento

Pontevedra
11 de outubro 2013

O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Escola de Conservación se adscribise á Universidade de Vigo pero o Partido Popular votou en contra desta medida. Mentres se debatía o tema na Cámara, os estudantes desta titulación percorrían as rúas de Santiago baixo o lema "Os defraugraos"

Finalmente, o Parlamento Galego votou en contra a iniciativa de que a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra póidase adscribir á Universidade de Vigo. A iniciativa presentada pola deputada nacionalista, Montse Prado, encontrouse cos votos desfavorables do Partido Popular.

Na iniciativa, o BNG reclamaba a consideración de "estudos universitarios" para as escolas superiores de ensinanzas artísticas coa titulación de grao e a deputada Montse Prado afirmou que algunhas comunidades autónomas xa o fixeron utilizando a lexislación educativa. A parlamentaria nacionalista indicou que xa existen antecedentes nese sentido entre os que destaca a Escola Naval de Marín e a de Negocios de Caixanova e sinalou que "a Xunta, nestes casos, non puxo inconveniente algún".

Engadiu que o alumnado que iniciou os estudos no curso 2010-11 coa perspectiva de lograr o grao universitario como reflectía a matrícula se encontra nunha situación de incerteza.

Mentres o debate se desenvolvía, os alumnos que percorreran durante esta semana o Camiño a Santiago manifestábanse polas rúas da capital galega. Durante esta marcha, ofreceron charlas, entre outros lugares, en Caldas de Reis e Padrón.