Do mesmo xeito que sucedeu noutras Comunidades Autónomas onde se decretaba o peche dos establecementos de hostalería de actividade nocturna, a Federación Provincial de Empresarios de Hosteleria xunto coas Asociacións da Coruña e Lugo presentaron un recurso contra a Orde da Xunta de Galicia do pasado 14 de agosto que ordenaba tamén o peche destes negocios.
En todos os casos este sector considera desproporcionadas as medidas que foron adoptando os gobernos rexionais en relación á dita actividade e como medida preventiva ante a incidencia da COVID19 e lamentan que "se estea proxectando unha imaxe negativa da nosa actividade, culpabilizándola de boa parte dos rebrotes".
No seu defensa esgrimen que "levamos a cabo escrupulosamente todas as medidas sociais, hixiénicas e de seguridade que indicaron en todo momento as autoridades sanitarias" e por iso reclaman a reapertura no recurso contencioso-administrativo que presentaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Entre os meses de peche durante o período do estado de alarma, os investimentos realizados para proceder á reapertura - naqueles casos en que se optou por retomar- o cumprimento das medidas de limitación de espazos e aforos e a redución da actividade estival; sinalan que se enfrontan a "as graves consecuencias dunha situación insostible que producirá perdas económicas irreparables”.
Ademais da mencionada decisión xudicial, directivos desta Federación Provincial de Empresarios de Hostalería xunto con representantes do resto das provincias deciden esta semana se tamén emprenden accións de protesta para evitar que os seus negocios continúen pechados.