A Feira da Cebola non se perde o arranque de setembro en Sanxenxo

Sanxenxo
05 de setembro 2021

Coincidindo coa saída de La Vuelta a España, Sanxenxo celebrou este sábado unha nova edición, a número 39, da súa tradicional Feira da Cebola. Nas inmediacións do porto deportivo instaláronse este ano medio centenar de postos

Feira da Cebola de Sanxenxo
Feira da Cebola de Sanxenxo / Mónica Patxot

Coincidindo coa saída de La Vuelta a España, Sanxenxo celebrou este sábado unha nova edición, a número 39, da súa tradicional Feira da Cebola.

Nas inmediacións do porto deportivo instaláronse este ano medio centenar de postos nas que os asistentes podían atopar todo tipo de cebolas, dunha calidade extraordinaria.

Ademais, os vendedores aproveitaron tamén para ofrecer outros produtos das súas hortas.

Debido á covid-19 estableceuse un dispositivo de seguridade, coas entradas e saídas controladas, para evitar que se producisen aglomeracións.

Nesta edición, do mesmo xeito que o ano pasado, non houbo premios nin concursos.