A Fiscalía arquiva a denuncia de Comisións Obreiras sobre as incompatibilidades de médicos

Pontevedra
24 de xuño 2016

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, arquivou a denuncia presentada polo sindicato Comisións Obreiras ao entender que existía "incumprimento da lei de incompatibilidades", no caso de 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo por, supostamente, compaxinar o seu posto de traballo público con outro en mutuas privadas

Rafael Vázquez, delegado de CC.OO. na Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra Mónica Patxot

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, arquivou a denuncia presentada polo sindicato Comisións Obreiras ao entender que existía "incumprimento da lei de incompatibilidades", no caso de 22 traballadores do Hospital Provincial e de Montecelo por, supostamente, compaxinar o seu posto de traballo público con outro en mutuas privadas.

Segundo informa a xornalista Cristina Barral en páxinas de La Voz de Galicia, a decisión do Fiscal xefe produciuse dous días despois de recibida a denuncia.

En concreto a resolución adoptouse o 17 de xuño, segundo foille comunicado ao denunciante, o delegado de Comisións Obreiras, Rafael Vázquez, que poderá presentar a súa denuncia ante o xuíz de instrución competente ou ben acudir á vía administrativa, que parece máis adecuada para este tipo de casos.