A Garda Civil detén un mozo que cultivaba marihuana no medio dun milleiral en Vilanova de Arousa

O Salnés
25 de setembro 2013

Axentes da Garda Civil procederon á incautación de 513 plantas de marihuana de distinto tamaño nun terreo do municipio de Vilanova de Arousa e á detención de JA.N.R., de 29 anos de idade e veciño da devandita localidade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao admitir ser o coidador e propietario da plantación

Axentes da Garda Civil procederon á incautación de 513 plantas de marihuana de distinto tamaño nun terreo do municipio de Vilanova de Arousa e á detención de JA.N.R., de 29 anos de idade e veciño da devandita localidade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao admitir ser o coidador e propietario da plantación.

Esta plantación encontrábase medio oculta entre un milleiral e as súas plantas eran de distinto tamaño, unhas listas para a súa recolección e outras recén plantadas, o que fai supoñer unha dedicación exclusiva e alongada no tempo por parte do coidador para unha produción activa durante todo o ano.

As plantas botaron un peso aproximado de 32 quilogramos.

O detido, que carece de antecedentes, quedou en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número tres dos de Vilagarcía de Arousa, cando para iso sexa requirido.