A hostalería pontevedresa reclama máis medidas económicas para minimizar o impacto da crise

Pontevedra
18 de marzo 2020

A hostalería pontevedresa considera "insuficientes" as medidas económicas anunciadas polo Goberno para paliar os efectos do coronavirus neste sector

Luns 16 de marzo, primeiro día laborable de estado de alarma en Pontevedra
Luns 16 de marzo, primeiro día laborable de estado de alarma en Pontevedra / Diego Torrado

A hostalería pontevedresa considera "insuficientes" as medidas económicas anunciadas polo Goberno para paliar os efectos do coronavirus neste sector.

Por este motivo solicitan "medidas de tipo fiscal e administrativo" con carácter de "urxencia" para facilitar a subsistencia dos negocios hostaleiros.

Nun comunicado, a Federación provincial de hostalería (Feprohos) afirma que "se fan necesarias máis medidas" a pesar de que a flexibilización dos Expedientes de regulación temporal de emprego (ERTES) e o anuncio da garantía de liquidez das empresas por parte do Goberno axudarán ao tecido empresarial.

Desde Feprohos apelan "á sensibilidade e responsabilidade do Goberno para paliar ao máximo os efectos tan devastadores que esta crise está a ocasionar".

Segundo esta patronal, o 95% dos negocios hostaleiros teñen menos de dez empregados en persoal e deles o 45% non conta con traballadores, polo que unha elevada porcentaxe destes negocios depende exclusivamente dos autónomos. Por este motivo considerán "necesaria" a suspensión da cotización dos autónomos de hostalería.

Ademais, reivindican a suspensión de calquera obrigación de pago dos establecementos hostaleiros ás administracións, como son o pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e resto de impostos municipais como poden ser os impostos das terrazas. Por iso, estendemos as nosas reivindicacións a outros ámbitos administrativos, como os Concellos e as comunidades autónomas, quen ten competencia directa neste tipo de impostos.

A Federación provincial de hostalería asegura tamén que "se fai necesaria a supresión de todas as taxas e impostos en todas as subministracións de enerxía". E, igualmente, para evitar a desaparición dos negocios, cren necesaria a renegociación de pólizas e un financiamento bancario con maior flexibilidade.

Así mesmo, solicitan a suspensión das obrigacións económicas dos establecementos hostaleiros cos arrendadores dos seus negocios, debido a que estes non están no seu normal funcionamento, tal e como xa anunciou o presidente francés que fará no seu país.

A pesar de que ven como boa medida que as Entidades de dereitos de autor, entre as que se atopan SGAE, AIE e AGEDI posterguen a cobranza das súas cotas, consideran que deberían ter en consideración descontar das mesmas todo o período no que os establecementos permanezan pechados, teniendo en cuenta que non van gozar dos seus servizos. Unha vez renovada a actividade, dar as facilidades necesarias para que os empresarios poidan afrontar os pagos.