A campaña da Renda esquiva o coronavirus e comezará o 1 de abril

Pontevedra
19 de marzo 2020

A disposición xeral do Ministerio de Facenda que se publica este xoves no BOE, no que se realiza mención ao estado de alerta en que se atopa o Estado, establécese unha simplificación na consignación dos inmobles. O prazo de presentación rematará o 30 de xuño de 2020. Segundo indican desde Facenda, desta forma os contribuíntes recibirán canto antes as súas devolucións

Delegación de Facenda - Axencia Tributaria en Pontevedra
Delegación de Facenda - Axencia Tributaria en Pontevedra / Mónica Patxot

O 1 de abril iniciarase a campaña para presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así o recolle este xoves 19 o Boletín Oficial do Estado, sen que se faga referencia nas disposicións xerais establecidas polo Ministerio de Facenda ao estado de alerta no que se atopa nestes momentos o territorio nacional polo espallamento do coronavirus.

O prazo finalizará o 30 de xuño, segundo o que se recolle no BOE, que publica os modelos de declaración do IRPF e o imposto de patrimonio de 2019. Segundo sinalan ao diario ABC desde o Ministerio, o 70% das declaracións saen a devolver e polo tanto, con esta medida, quérese beneficiar aos contribuíntes para que reciban as súas devolucións canto antes

As principais novidades atópanse en que se simplifica a consignación da inmobles propiedade do contribuínte e para que resulte máis sinxelo declarar as rendas de inmobles que se alugaron, o borrador desagrega conceptos como os gastos deducibles ou a amortización para calcular o rendemento neto de capital.

Outra das novidades é a simplificación na identificación do domicilio fiscal do contribuínte. Establécese un apartado separado para estes datos. Tamén resultará máis fácil realizar a declaración de rendementos de actividades económicas de estimación directa.

Todos os contribuíntes poderán acceder ao seu borrador a través do programa Renda web, coa identificación a través de certificado electrónico, cl@ve PIN ou co número de referencia onde poderán modificalo, confirmalo e presentalo.

As declaracións poderanse presentar por internet e por teléfono ou achegándose ás oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria, previa solicitude de cita

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora