Nas últimas dúas semanas, a covid-19 non deixara vítimas mortais en Pontevedra. Pero esta tendencia positiva truncouse este luns. Sanidade notificou a morte dun home de 76 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo.
Este paciente, que segundo as autoridades sanitarias tiña patoloxías previas, é a vítima 162 desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
A última morte notificada en Pontevedra producírase o pasado 16 de marzo.
Xunto con este falecemento, Sanidade confirmou a morte dun segundo paciente en Galicia, aínda que neste caso trátase dun caso que se produciu onte domingo. É un home que tiña tamén 76 anos e que morreu no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Galicia acumula un total de 2.336 falecementos pola covid-19.