Os nove edís que suman o Partido Popular e o concelleiro non adscrito Roberto Agís forzaron aos oito concelleiros do goberno tripartito (SAL, PSOE e BNG) a instar á Deputación a que modifique o proxecto que se está executando na rúa Luís Rocafort para ampliar o número de prazas de aparcadoiros.
Sucedeu no pleno municipal celebrado este luns ao que asistiron membros da plataforma de afectados que exhibiron carteis nos que se lía "aceras sí, aparcamientos también".
O portavoz do PP, Telmo Martín, chegou a pedir a paralización da obra e defendeu a construción dun túnel subterráneo baixo a glorieta de Arnelas, xunto á estación de autobuses.
Agora o Concello terá que dirixirse á Deputación para pedir que modifique o proxecto para dotar a esta avenida de máis prazas de aparcadoiro, tamén que se amplíe a saída da rotonda de Arnelas e que se instalen, como mínimo, dúas zonas máis de colectores soterrados ao longo da rúa.