A 'Plataforma de apoio á industria' traslada ao Porto "todo nuestro apoyo" en relación aos recheos

Pontevedra
23 de febreiro 2015

Os empresarios reuníronse co presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, a quen expresaron as súas preocupacións polas sentenzas xudiciais que atenazan ao Porto e as empresas alí situadas

Reunión da 'Plataforma de apoio á industria' na Autoridade Portuaria
Reunión da 'Plataforma de apoio á industria' na Autoridade Portuaria / PontevedraViva

A Autoridade Portuaria de Marín-Ría de Pontevedra recibiu este luns a visita da 'Plataforma de apoio á industria en Pontevedra', quen quixo expresar o presidente do Porto, José Benito Suárez Costa, "todo nuestro apoyo a los problemas que están surgiendo con los rellenos".

Os empresarios mostraron a súa preocupación por este aspecto e casos concretos como o de Cabomar Congelados, nave sobre a que pesa unha orde de demolición.

Segundo recoñeceu o vicepresidente da plataforma, Agustín Nogueira, "Cabomar es una de las razones por la que hemos creado la plataforma".

Nogueira defendeu a actividade desta empresa, ao igual que Suárez Costa, quen asegurou non acabar de entender os problemas que rodean esta nave.

Suárez Costa: "¿Quién está detrás para que esta empresa (Cabomar) se vaya de ahí?"

Segundo o presidente da Autoridade Portuaria Cabomar está situada nuns terreos anteriores ao Plan Especial do Porto, conta con licenza de actividade outorgada polo Concello e "da entre 200 y 300 puestos de trabajo directo".

"¿Quién está detrás para que esta empresa se vaya de ahí?" preguntouse o dirixente portuario antes de asegurar que "hay alguien que está en contra de una empresa tan importante".

A reunión tamén xirou en torno á situación do tecido empresarial en toda a bisbarra e o tráfico de mercadorías no Porto, que chegan case a "dos toneladas" anuais, das cales "Ence puede soponer sobre el 25%", recoñeceron ante os medios de comunicación.