Axentes da comisaría da Policía Nacional de Marín encargáronse na mañá deste luns de repartir preto de 2.000 máscaras a todas aquelas persoas que se desprazaron aos seus postos de traballo utilizando o transporte público.
Seguindo as directicres do Goberno central, os policías presentáronse á primeira hora da mañá nas principais paradas de autobús do municipios para entregar a todos aqueles peóns sen protección material para previr posibles contagios.
A campaña, na que tamén colabora a Policía Local, retomarase este martes.