O empeoramento da situación sanitaria na comarca de Pontevedra en particular e en Galicia en xeral acabou coas esperanzas de poder celebrar este ano 2020 a Pontevedrada.
A popular mracha solidaria polo Camiño de Santiago entre Pontevedra e Compostela foi aprazada inicialmente no mes de marzo por recomendación das autoridades ao tratarse dun evento ao que adoita acudir un importante número de persoas.
Naquel momento recolocouse a xornada para o 10 de outubro coa esperanza de poder levala a cabo, tendo en conta que se trata dunha acción solidaria que pretende concienciar á cidadanía acerca da importancia das doazóns, xa sexan de sangue, órganos ou tecidos.
Con todo a Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) comunicou finalmente que renuncia á súa celebración ata o ano 2021.
"Nestes momentos volvemos atopar nunha situación delicada debido aos rebrotes do COVID-19", sinalan desde ASAMPO considerando que "o máis sensato a nivel social e moral nestes momentos é suspender a Pontevedrada 2020".