Os concellos galegos xa comezaron a colocar as bandeiras azuis que acreditan a calidade ambiental das súas praias. Marín fíxoo este sábado. E para conmemoralo decidiron que o acto principal celebrárase no areal de Loira, que ata o de agora non tiña este distintivo.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, foi quen acompañou á alcaldesa de Marín, María Ramallo, aos membros do goberno municipal e a parte do equipo de socorristas que vixiará as praias do municipio.
Vázquez destacou que a comunidade galega pode presumir de ser a segunda rexión de España con máis bandeiras azuis, unha posición na que xogan un papel fundamental os concellos galegos como Marín.
A responsable de Medio Ambiente defendeu o traballo e a colaboración do conxunto da sociedade para que a Galicia verde e azul que hoxe coñecemos manteña os valores que estas cores representan ao longo das vindeiras xeracións.
Ademais de lograr a bandeira para Loira, Marín logrou manter as catro que xa tiña: Portocelo, Mogor, Aguete e a praia do Santo.