A procesión da Virxe das Dores percorreu este venres as rúas de Pontevedra

Pontevedra
09 de abril 2022

A choiva, presente case toda a xornada, deu un respiro pola tarde e permitiu á  Boa Vila vivir a súa primeira procesión de Semana Santa despois de dous anos de parón  

Procesión da Virxe das Dores PontevedraViva

A procesión da Virxe das Dores percorreu este venres as rúas de Pontevedra. 

A choiva, presente case toda a xornada, deu un respiro pola tarde e permitiu á  Boa Vila vivir a súa primeira procesión de Semana Santa despois de dous anos de parón. (Descarga aquí o programa completo da Semana Santa de Pontevedra) 

Foi esta a segunda ocasión na que a Confraría da Nosa Señora do Amor Fermoso procesiona esta imaxe na véspera do período Pascual.

Ás oito da tarde saíu da igrexa de San José de Campolongo para percorrer a praza da Constitución, a praza de Galicia, a rúa Andrés Muruáis, Peregrina ata a praza da Peregrina onde tivo lugar o sermón antes de regresar ao momento de saída. 

Tamén este venres dentro dos actos previos ao comezo da Semana Santa, estaba previsto a presentación do libro Esperanza ou o amencer da liberdade no Liceo Casino e do vídeo sobre a Historia da A. C. R. Confraría do Espírito Santo en Santa María.

 

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora