A reforma do Punto Limpo de Ribadumia custará 335.000 euros

O Salnés
27 de abril 2023

O obxectivo destas actuacións é mellorar a organización e a capacidade de funcionamento desta instalación, pasando dunha superficie actual de 935 metros cadrados a unha de 1.448 metros cadrados

Un avó axuda o seu neto a tirar un envase ao colector amarelo Ecoembes

O Concello de Ribadumia investirá un total de 335.095 euros na reforma do Punto Limpo. 

A financiación será a través de dúas vías, a primeira, polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e, a segunda, pola axuda a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas con fondos europeos.

O obxectivo destas actuacións é mellorar a organización e a capacidade de funcionamento desta instalación, pasando dunha superficie actual de 935 metros cadrados a unha de 1.448 metros cadrados, dispoñéndoa de diferentes alturas con peiraos para facilitar a descarga dos residuos nos contedores.

Por outra banda, disporase dunha zona cuberta para almacenar os residuos especiais depositados en pequenas cantidades, entre outras melloras.