A reforma do último tramo de Benito Corbal interesa a 22 empresas

Pontevedra
25 de setembro 2018

O Concello de Pontevedra recibiu 22 ofertas de empresas interesadas en reformar o último tramo de Benito Corbal, desde a rúa Sagasta ata a Praza do Hospital. A mesa de contratación xa abriu estas propostas, que están sendo estudadas polos técnicos municipais

Rúa Benito Corbal, Pontevedra Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra recibiu 22 ofertas de empresas interesadas en reformar o último tramo de Benito Corbal, desde a rúa Sagasta ata a Praza do Hospital.

A mesa de contratación xa abriu estas propostas, que están sendo estudadas polos técnicos municipais.

As compañías que presentaron oferta son Ediserpo, Montajes Iglesias, Construcciones Abilleira, Naturgalia, COVSA, Construcciones Fechi, ACEVI, EC Casas, Narom, Obras y saneamientos de Galicia, Movimientos de áridos y construcciones de Arosa, Sestrama-Ibérica, Construmax de Contratas ou Explotacións medioambientais.

Tamén optan a este contrato BCNOR Gestión y Soluciones avanzadas, Sergonsa Sevicios, Fevisa Vías y Obras, Nexia Infraestruturas, Obras, Reformas y Saneamientos, Construcciones Ramírez, Elsamex e Xestión Ambiental de Contratas.

A actuación ten un orzamento de 218.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

O proxecto prevé ampliar os espazos peonís, mellorar a mobilidade e seguridade das persoas e garantir o tráfico de servizos.

Desbotada a plataforma única, óptase por un deseño que inclúe a ampliación de beirarrúas, que pasarán de 3 a 4 metros de ancho, a supresión de prazas de aparcamento libres e a creación de prazas de servizos na marxe dereita da rúa.