A sanidade en Pontevedra: un modelo asistencial centrado no paciente

Pontevedra
28 de febreiro 2016

A sanidade na área de Pontevedra e Salnés aplica un modelo organizativo de xestión integral, que coloca ao paciente como auténtico eixo vertebrador do sistema, consegue prestar unha atención máis próxima, resolutiva e eficiente. O paciente, independentemente do centro no que se atope e do profesional que o atenda en cada momento, ten así garantida unha atención sanitaria accesible, continua, segura e de calidade

Operación cirúrxica Mónica Patxot

A sanidade na área de Pontevedra e O Salnés vén experimentando, nos últimos anos, un claro avance en infraestruturas, servizos e equipamento técnico pero, sobre todo, en calidade asistencial. Cun modelo organizativo de xestión integral, que coloca ao paciente como auténtico eixo vertebrador do sistema, consegue prestar unha atención máis próxima, resolutiva e eficiente.

O paciente, independentemente do centro no que se atope e do profesional que o atenda en cada momento, ten así garantida unha atención sanitaria accesible, continua, segura e de calidade.

Boa proba diso son os recoñecementos de ámbito nacional que a área sanitaria recibiu o pasado ano. O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra foi galardoado co premio Best in Class pola mellor atención ao paciente con psoriasis pero, ademais, foi o segundo centro sanitario de España con máis candidaturas finalistas, con once servizos e procesos seleccionados entre os máis destacados do país.

A xestión e organización da Atención Primaria dentro da EOXI de Pontevedra e Salnés acaba de recibir tamén o Premio Sanitario 2016 a la Excelencia en Calidade, outorgado pola Fundación Avedis Donabedian, un dos galardóns máis prestixiosos no ámbito sanitario.

Con este premio recoñécese un modelo organizativo que facilita a continuidade entre os niveis asistenciais, coa implantación de procesos coordinados nos centros de saúde e nos hospitais da área, que permiten mellorar a calidade da atención e a accesibilidade da poboación ás prestacións sanitarias públicas.

En definitiva, a sanidade na área de Pontevedra e de Salnés segue camiñando pola senda da mellora continua, a coordinación entre niveis asistenciais, a aposta pola innovación, a reforma e a ampliación das infraestruturas e os equipos tecnolóxicos para, coa colaboración imprescindible do traballo diario de todos os seus profesionais, ofrecer á poboación unha atención sanitaria pública, de calidade, accesible e segura.