A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, SOS Sanidade Pública, protagonizará este venres día 6 de novembro unha curiosa movilización polas rúas de Pontevedra.
Disfrazados de "Santa Compaña" os participantes nesta protesta sairán camiñando desde a Praza de España para percorrer as prazas do Teucro, Méndez Núñez, Verdura, Leña, Ferrería ata concluír na da Peregrina.
O motivo é reivindicar un hospital único e de xestión pública para Pontevedra ampliando o Hospital Montecelo.
Esta mobilización será o preludio da manifestación anunciada para o vindeiro venres 13 de novembro, ás 20.15 horas con saída do Hospital Provincial.