A Seguridade Social enviará desde o próximo luns un SMS a todos os pontevedreses dos que aínda non conste información, co obxectivo de solicitar os seus datos de e-mail a través do novo portal electrónico, Import@ss.
O obxectivo da Tesourería Xeral da Seguridade Social é habilitar unha ferramenta para consultar información e realizar ata 40 trámites a través dun computador ou dispositivo móbil, deixando progresivamente ao carón a atención presencial. Esta campañá durará ata finais do mes de decembro.
O novo portal organízase en dúas partes: unha páxina principal ou área de acceso público, e unha área persoal.
Na primeira delas agrúpase toda a información necesaria para facer calquera trámite ou xestión, organizada en catro grandes categorías: vida laboral e informes; atlas, baixas e modificacións; consulta de pagos e débedas: e datos persoais.
Pola súa banda, a área persoal é un espazo único para cada usuario, onde o cidadán pode visualizar todos os seus datos persoais e de contacto, situacións laborais actuais, vida laboral na Seguridade Social e outras situacións específicas.
Coñecedores de que o envío masivo de SMS pode levar á idea de que se trate dunha presunta fraude, desde a Tesourería Xeral da Seguridade quérese informar que desde a próxima semana enviarán 250 SMS diarias á veciñanza da provincia co obxectivo de tranquilizar aos usuarios e aclarar que se trata dunha campaña oficial, non dunha estafa.