A semente do xadrez xermina no campo de refuxiados de Azraq

Pontevedra
27 de marzo 2018

A Escola de Xadrez de Pontevedra ven de remitir a súa primeira crónica tras a súa chegada ao campo de refuxiados de Azraq (Xordania), que acolle a persoas refuxiadas que tiveron que abandonar Siria debido ao conflito bélico

Voluntarios da Escola de Xadrez de Pontevedra no campo de refuxiados de Azraq (Xordania)
Voluntarios da Escola de Xadrez de Pontevedra no campo de refuxiados de Azraq (Xordania)

A Escola de Xadrez de Pontevedra acaba de publicar a súa primeira crónica tras a súa chegada ao campo de refuxiados de Azraq (Xordania), que acolle a persoas refuxiadas que tiveron que abandonar Siria debido ao conflito bélico.

No seu relato contan con optimismo que percibiron "brotes verdes no deserto xordano" ao comprobar que moitos dos nenos xa saben xogar e falan con soltura o vocabulario ajedrecístico.

Os cinco monitores de Escola Xadrez Pontevedra celebraron que UNICEF – Relief International incluirán o xadrez nas escolas dous días á semana.

Como está constatado neste deporte, nas súas vertentes educativa e artística, o xadrez chega como unha ferramenta de gran valor terapéutico, contribuíndo con obxectivos de marcado carácter social e psicolóxico.