A Sétima Feira volve ás súas orixes

Pontevedra
09 de febreiro 2019

A primeira planta do Mercado de Abastos acolleu este sábado a primeira xornada de Sétima Feira do ano, unha iniciativa que terá continuidade ata o verán cada segundo sábado de mes

Primeira edición de Sétima Feira en 2019 no Mercado de Abastos PontevedraViva

A primeira planta do Mercado de Abastos contaxiouse este sábado, por primeira vez este ano, do espírito da Sétima Feira.

O evento, que naceu co obxectivo de dinamizar o Mercado e diversificar o seu público, volveu así ás súas orixes tras a reforma do espazo.

Foi a primeira vez na que a zona central da primeira planta centrou as actividades, con 14 propostas de arte, moda, deseño e gastronomía: Patadepeixe editora; Estilo Puratití, Aléndas olas, La madrina de Candela, Sheela Tato, Iria Prol Studio, Sipinopi, Pontevedra Rugby Club, Fillos do mar, EneroByNuria, Cinza, Lía B, Muchachicha e Sopa de nuez. 

Ademais a ambientación musical correu a cargo de Betty de la Church xunto ao concerto do grupo local King Cabra, sen esquecer as actividades infantís con talleres de ilustración e reprodución gráfica.

De regreso ao Mercado de Abastos, a Sétima Feira terá continuidade ata o verán cada segundo sábado de mes.