A VI Outubrofest ocupará a Praza do Teucro a partir do xoves 30 de outubro

Pontevedra
21 de outubro 2014

O Pontevedra Rugby Club, organizador do evento, anunciou ademais que os prezos se manteñen con respecto ás pasadas edicións

Quinta edición da Outubrofest Diego Torrado

A Praza do Teucro volverá a acoller a adaptación galega da Oktoberfest alemá organizada polo Pontevedra Rugby Club co obxectivo de recadar fondos para as súas categorías de base.

A sexta edición da Outubrofest celebrarase dende o xoves 30 de outubro ata o domingo 2 de novembro, segundo anunciou o club.

Durante eses catro días os asistentes poderán degustar tres tipos de cervexa, diversos estilos de salchicas e codillo, cuns prezos que se manteñen con respecto ás últimas edicións.

Así o custo de cada prato e bebida será o seguinte:

  • Cervexa loira: 3,5 euros medio litro y 6 euros el litro.
  • Cervexa de trigo e cervexa tostada: 4 euros medio litro y 7 euros el litro.
  • Can quente: 2,5 euros.
  • Prato de tres salchichas: 5 euros.
  • Prato de cinco salchichas: 9 euros.
  • Salchicha de medio metro: 6 euros.
  • Salchicha dun metro: 10 euros.
  • Codillo: 6 euros.