O Tribunal Supremo confirma a condena a catro anos e sete meses de cárcere imposta en setembro de 2012 pola Audiencia Nacional a Laureano Oubiña por un delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas.
A condena inclúe unha multa de 2.226.100 euros e o comiso do terreo denominado 'Nanín' e outras parcelas situadas preto do o cal fora o seu domicilio habitual, situado na Laxe, en Vilagarcía de Arousa.
A sentenza ratifica como feitos probados que Oubiña durante a súa estanza en prisión, planeou xunto á súa esposa Esther Lago, falecida en 2001, "a forma de aflorar e dar aparencia legal aos fondos procedentes das operacións de narcotráfico" que se encontraban ingresados no Banco Popular de Melilla.
Laureano Oubiña encóntrase en liberdade dende o pasado 17 de xullo. Será agora a Audiencia Nacional quen resolva se o narcotraficante cambadés volve ingresar en prisión.
En sentenza desestimatoria os maxistrados da Sala do Penal do Supremo rexeitan os motivos formulados polas defensas de Oubiña e Emilia Cano, amiga da que fora a súa esposa Esther Lago.
Este tribunal absolveu o fillastro de Oubiña, David Pérez Lago, e outros catro acusados nesta causa, ao considerar que non existían probas abondo na súa contra.