O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Servizos Sociais, Anabel Gulías, recibiron este mércores na Casa Consistorial a Ángela Paz, presidenta de ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal y Ostomizad@s) e a Rosa Piñeiro, socia da entidade.
Piñeiro vén de participar en Bruxelas nun seminario europeo de formación sobre condicións de saúde íntima relacionadas con ostomías e incontinencias.
O alcalde felicitou á entidade por esta participación no foro internacional e pola proxección que supón para Pontevedra e para a asociación.
ASSEII é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal preocupación a defensa dos dereitos e da calidade de vida das persoas con Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Crohn e Colite Ulcerosa) e Enfermidades Ostomizadas, as súas familias e o seu entorno social. Creouse en 2013 na cidade de Pontevedra.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.