A xerencia dos hospitais considera que a protección ante a COVID-19 do persoal sanitario foi "razoable"

Pontevedra
06 de maio 2020

A xerencia defende que só o 2,9 % do cadro total de persoal ofreceu resultados positivos, lembrando que os dous tercios dos traballadores están testados. O Sergas avala a cobertura das probas Covid utilizadas, que son a PCR e os Test de anticorpos de dobre banda

O xerente José Ramón Gómez con Juan Carlos Rodríguez, Javier García Vega, no Hospital Montecelo
O xerente José Ramón Gómez con Juan Carlos Rodríguez, Javier García Vega, no Hospital Montecelo / PontevedraViva

A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés volveu a emitir un comunicado opoñéndose ao que consideran unha "campaña de intento de desprestixio á xestión efectuada contra o coronavirus" por parte dos sindicatos sanitarios. 

Segundo expón a dirección de José Ramón Gómez, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) avala a cobertura das probas Covid que se realizaron nos hospitais de Pontevedra e O Salnés, que son a PCR e os test de anticorpos de dobre banda.

Desde o Sergas indícan que os sindicatos ao ofrecer os seus datos están a referirse só a traballadores que utilizaron máscaras distribuídas polo Ministerio de Sanidade, que non incumprían os requirimentos técnicos. E desde a xerencia sinalan que a 209 deses traballadores superaron unha PCR posterior dando negativo.

O comunicado indica que dentro da área sanitaria se lles fixo algún test a 2.381 traballadores, o 60,2% do persoal sanitario: 387 de Atención Primaria, 338 no Hospital do Salnés e 1.656 do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. De todos eles, o resultado foi de 114 positivos, o 2,9% do persoal, entre os que destaca que un 21,9 %deles son facultativos e un 26,3% persoal de enfermería.

A xerencia afirma que "é rotundamente falso que uno de cada 10 traballadores infectásense nesta área sanitaria". E asegura que a protección que se lle brindou aos traballadores foi "razoable", coa achega entre marzo e abril dunha media diaria de 5.545 máscaras cirúrxicas, 475 de tipo FFP2/ FFP3, 60.000 luvas, 1.180 batas impermeables e 70 lentes protectoras. 

Por último, os máximos responsables da área sanitaria afirman que co esforzo do equipo acadaron uns resultados asistenciais moi destacados en Galicia, contendo o impacto do coronavirus co menor número de falecidos de toda a comunidade autónoma. Tamén presume de ser a primeira área sanitaria galega sen pacientes  Covid positivos en coidados críticos.

Mantén, ademais, que non se teñen pacientes Covid positivos en coidados críticos, avalado pola Dirección Asistencial e pola xefatura de sección do servizo de  Anestesiología e Reanimación. Acusa os representantes sindicais de "volver mentir, ocultando a realidade, posto que os pacientes en coidados críticos xa se  negativizaran" e, por tanto, segundo a xerencia, xa non eran pacientes  Covid positivo.