A Xunta 'bendice' a fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

Pontevedra
26 de marzo 2015

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quiso agradecer las partes integrantes "o seu traballo e a altura de miras" durante estos meses, y señaló que la Xunta de Galicia, como administración tutelante, estará acompañando este proceso

Francisco Conde, conselleiro de Industria, cos presidentes das Cámaras de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía Xunta de Galicia / Xoan Crespo

Baixo a atenta mirada do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, os presidentes das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa -Eduardo Barros, José García Costas e Miguel Falcón, respectivamente- asinaron este xoves o acordo de fusión das tres institucións. 

Durante o acto, Francisco Conde destacou que coa fusión dos tres entes Galicia "ponse por diante no reforzo e racionalización destes organismos". Será unha nova Cámara, dixo, "reforzada" e subliñou a "vocación de servizo ao empresariado pontevedrés" que amosaron os tres entes camerais co consenso logrado.

Neste sentido, Conde quixo agradecer as partes integrantes "o seu traballo e a altura de miras" durante estes meses, e sinalou que a Xunta de Galicia, como administración tutelante, estará acompañando este proceso.

Así mesmo, o responsable de Economía e Industria do goberno galego sinalou que esta nova alianza permitirá sumar esforzos e aproveitar sinerxías e recursos, contribuíndo "de forma máis eficaz" á dinamización empresarial e económica da provincia de Pontevedra, "cunha cámara máis forte para defender os intereses do tecido empresarial da súa demarcación". 

O novo ente alcanzará preto de 80.000 compañías en máis de 50 concellos galegos, o que contribuirá a facer unha cámara "con máis capacidade, máis eficiencia e máis representatividade", que, coa súa sede central en Vigo, manterá a súa presenza con oficinas territoriais en Pontevedra e Vilagarcía.