A Xunta destaca a calidade asistencial do centro de Rexurdir en Pontevedra

Pontevedra
22 de febreiro 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou este sábado o centro de atención social continuada e o piso de apoio ao tratamento social e laboral do drogodependente que a entidade Rexurdir Provincial ten na rúa Cruceiro

O director xeral de Inclusión Social visitou o centro de Rexurdir
O director xeral de Inclusión Social visitou o centro de Rexurdir / Xunta de Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou este sábado o centro de atención social continuada e o piso de apoio ao tratamento social e laboral do drogodependente que a entidade Rexurdir Provincial ten na rúa Cruceiro.

Alí destacou a calidade asistencial deste servizo que permite a reinserción dos colectivos en risco de exclusión social na cidade.

O centro de atención social atende ás primeiras necesidades dos usuarios como pode ser a comida, a hixiene e a lavandería. Ademais, tamén conta cun departamento de asesoramento xurídico e psicosocial que permanece aberto todo o ano.

Mentres, no piso de inserción sociolaboral permítese aos usuarios a volta á vida de forma autónoma e afastada da rúa e a adicción. Conta tamén con psicólogo e traballadores sociais.