Portos de Galicia presentará este mércores ao Concello de Poio, confraría e entidades locais o proxecto de adecuación da superficie de acceso ao porto de Raxó.
A presidenta do ente dependente da Consellería do Mar, Susana Lenguas, convocou unha reunión que terá lugar na sede da Xunta na capital pontevedresa.
O obxectivo deste encontro é dar a coñecer o contido do proxecto que Portos de Galicia acaba de redactar para reordenar a circulación peonil e rodada no acceso ao porto de Raxó e redistribuír os espazos da contorna.
O ente público investiu 18.000 euros neste proxecto que define unha actuación que conta cun orzamento de 630.000 euros.