Unha vez concluído o período de hibernación da economía no marco de medidas establecidas polo Goberno #ante a crise polo COVID19, co comezo de semana a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia retomou as obras de mellora da seguridade viaria na PO-308 no tramo O Covelo-Raxó, no muncipio de Poio.
A actuación, incluída no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, supón a mellora dun tramo de concentración de accidentes e tamén a execución dun itinerario peonil e ciclista. Así empezou coa instalación das marquesiñas, cun total de cinco previstas; e nesta semana tamén se contempla empezar co estendido do aglomerado para a capa de rodadura da estrada.
Outro dos proxectos que a administración autonómica iniciaba este luns na PO-308 de Poio corresponde á instalación dun semáforo en Chancelas, que tamén redundará en mellorar a seguridade viaria nesta zona.