A Xunta retoma tres actuacións de mellora da seguridade viaria en Poio

Poio
13 de abril 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reactiva obras de mellora na PO-308 coa colocación dun semáforo, marquesiñas, unha senda peonil e ciclista, así como do estado da estrada

Obras da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade en la PO-308 Xunta de Galicia

Unha vez concluído o período de hibernación da economía no marco de medidas establecidas polo Goberno #ante a crise polo COVID19, co comezo de semana a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia retomou as obras de mellora da seguridade viaria na PO-308 no tramo O Covelo-Raxó, no muncipio de Poio.

A actuación, incluída no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, supón a mellora dun tramo de concentración de accidentes e tamén a execución dun itinerario peonil e ciclista. Así empezou coa instalación das marquesiñas, cun total de cinco previstas; e nesta semana tamén se contempla empezar co estendido do aglomerado para a capa de rodadura da estrada.

Outro dos proxectos que a administración autonómica iniciaba este luns na PO-308 de Poio corresponde á instalación dun semáforo en Chancelas, que tamén redundará en mellorar a seguridade viaria nesta zona.