A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este mércores no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete á información pública o proxecto de mellora de seguridade viaria do treito da PO-308 entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.
Este proxecto é complementario ao da senda proxectada entre Fontenla e Combarro, seguíndose así un procedemento análogo ao utilizado no seu día para complementar con melloras de seguridade viaria á senda entre O Covelo e Raxó, a día de hoxe nun moi avanzado estado de execución.
Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade suporá un investimento de 625.000 euros
As intervencións propostas no proxecto prevén a mellora das interseccións, reducir o número de xiros á esquerda e novos pasos de peóns para acadar unha diminución da velocidade nesa zona.
Entre as actuacións neste tramo destaca a execución de dúas novas glorietas, unha delas de acceso á Seca.