Os servizos de Emerxencias de Sanxenxo acudiron este venres a un accidente esta madrugada na parroquia de Dorrón.
Segundo informaron desde o Concello, o sinistro produciuse ás 6.15 horas e o condutor fuxiu do lugar do accidente deixando o coche envorcado na calzada.
Sobre as causas do accidente suponse que se produciu debido a unha saída da vía aínda que se descoñecen as causas.
Cando chegaron os servizos de emerxencias, atopáronse co vehículo baleiro, polo que se procedeu á súa retirada polo guindastre e á limpeza da vía. Mentres que se trataba de identificar o propietario do vehículo e posible condutor.