Aberto o prazo de inscrición para o campamento de conciliación estival en Soutomaior

Soutomaior
04 de maio 2026

'Espazo Concilia: Trouleando en Soutomaior' está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos empadroados no Concello. A inscrición poden realizarse desde este luns até o 15 de maio

Espazo Concilia Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior puxo en marcha o programa 'Espazo Concilia: Trouleando en Soutomaior', destinado á conciliación familiar e laboral durante as vacacións de verán.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos de idade empadroados no Concello de Soutomaior.

O horario abarca desde as 9:00 horas até as 14:00, aínda que existe a posibilidade de entrar ás 8:00 e saír ás 15:00 horas.

A inscrición das solicitudes pode realizarse desde o luns 4 de maio até o 15 do mesmo mes, por rexistro a través da sede electrónica ou nas oficinas do concello e do Centro de Benestar Integrado (Multiusos) entre as 9:00 as 14:00 horas.

O campamento desenvolverase durante a última semana de xuño, os meses de xullo e de agosto e a primeira semana de setembro, até o inicio do curso escolar, no edificio Multiusos de Arcade.

A primeira quenda, baixo o título Misión exploración, desenvolverase entre o 22 e o 30 de xuño; o segundo, Exipto divertido, será durante a primeira quincena de xullo e o terceiro, Inventos ibéricos, do 16 ao 31 de xullo.

O cuarto, Laboratorio das curiosidades, será do 3 ao 14 de agosto; o seguinte, Un día de cine, celebrarase do 17 ao 31 de agosto e o último, Comparsa de fantasía, desenvolverase do 1 de setembro até o inicio do curso escolar.

Cada quenda contará cun total de 50 prazas.

As prazas se acrediarán ás familias empadroadas ou que traballen no termo municipal; familias monomarentais/parentais; mulleres en situación de desemprego; vítima de violencia de xénero; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares; familias con diversidade funcional; familias numerosas e renda por baixo dos 23.000 euros.

O programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.