Abraldes, na busca dunha nova maioría para que Barro "non sufra un retroceso"

Barro
26 de marzo 2023

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, volverá a encabezar unha lista coa que buscará obter os mellores resultados posibles para "que Barro poida seguir crecendo e avanzando e asegurar así que non sufra un retroceso", segundo subliñou na cea celebrada este sábado

Presentación da candidatura do BNG de Barro ás municipais de 2023
Presentación da candidatura do BNG de Barro ás municipais de 2023 / BNG

Máis de trescentas persoas participaron na presentación da candidatura coa que o BNG intentará reter, por terceiro mandato consecutivo, a Alcaldía de Barro. 

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, volverá a encabezar unha lista coa que buscará obter os mellores resultados posibles para "que Barro poida seguir crecendo e avanzando e asegurar así que non sufra un retroceso", segundo subliñou na cea celebrada este sábado.

"O Barro de hoxe pouco ten que ver co Barro triste e apagado que había antes", destacou Fernández Abraldes, que defendeu o traballo realizado polos nacionalistas para "dárlle a volta un concello endebedado e sen futuro e convertelo nun concello modelo e referente".

O equipo que acompañará ao alcalde nestas novas eleccións municipais mestura a renovación coa continuidade do bloque que gobernou estes últimos catro anos.

Así, tras o actual alcalde irán os outros cinco membros do goberno, María Rocío Martínez Sartal, Roberto Rivas Reboredo, Amelia Cancela Cancela, Iván Bello Ferreiro e Adrián Silva Magdalena.

A lista dos once membros complétase con Andrea Pérez Cal, Eva Paredes Poza, Cristina Silva Martínez, Xavier Monteagudo García e Xan Rey Durán.

Abraldes cualificou a candidatura como un equipo "espectacular, moi diverso e con moita capacidade" e asegurou que "estou seguro de que escribirá as mellores páxinas da historia de Barro".