O Concello de Marín abrirá este martes o prazo para a inscrición na Batalla de Flores, que se celebrará o 10 de xullo ás 22.30 horas.
Partirá dende as instalacións do Porto, á altura de Nodosa, pasando pola Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura do Parque Eguren.
Na Batalla de Flores poderán participar nenos e nenas nados antes do 31 de decembro de 2019, tendo preferencia os empadroados en Marín.
No caso de que teñan unha idade menor, deberán ir obrigatoriamente acompañados dunha persoa adulta, tamén disfrazada da temática da carroza correspondente.
Este ano, as temáticas son a abella Maya, Cenicienta e Pinocho.
Ademais, deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo acompañado de copia do DNI do solicitante e do responsable acompañante fisicamente nas Oficinas de Alcaldía do Concello ou por correo electrónico, na dirección [email protected] antes do 7 de xullo de 2025.
Haberá unha reunión previa o martes 8 de xullo, ás 21:00 horas, no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específicos para que a batalla de flores se desenvolva con total seguridade, tanto para as persoas participantes, como tamén para as que gocen do espectáculo.