Un accidente en Castrelo deixa unha ferida leve e o peche dunha casa esnaquizado

O Salnés
11 de maio 2025
Actualizado: 16:33

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados actuou no sinistro, ocorrido de madrugada na estrada que vai á Talleira, en O Facho. Mobilizáronse o 061e a Garda Civil de Trafico

Coche accidentado en Castrelo, Cambados Servizo de Emerxencias

Unha muller resultou ferida na madrugada do sábado ao domingo tras verse implicada nun accidente en Castrelo, en Cambados.

Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o sinistro ocorreu sobre o tres da madrugada no lugar de O Facho.

Un turismo encaixouse contra o muro de peche dunha casa, que quedou esnaquizado.

Como resultado do impacto, unha muller resultou ferida e precisou atención médica. Segundo Emerxencias de Cambados, o seu estado era leve.

O accidente ocorreu na estrada que vai cara á Telleira, en Castrelo, Cambados.

Na intervención colaboraron, ademais de Emerxencias de Cambados, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Trafico.