Acondicionamento e desinfección do CPI Don Aurelio de Cuntis ante o inicio do curso escolar

Umia
25 de agosto 2020

O Concello de Cuntis vén de dar inicio a un programa de mantemento, limpeza e desinfección no colexio público de maneira previa ao inicio do curso

Labores de limpeza e desinfección no exterior do CPI Don Aurelio de Cuntis
Labores de limpeza e desinfección no exterior do CPI Don Aurelio de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis iniciou un programa de mantemento, limpeza e desinfección do colexio público de maneira previa ao comezo de curso.

As actuacións puxéronse en marcha este luns afectando de maneira integral a todo o exterior do CPI Aurelio Macelino Rey García.

Os labores de limpeza comezaron co corte e recollida de herbas e outros vexetais. Ademais está prevista unha limpeza en profundidade dos patios e das zonas de xogos, onde se aplicarán procedementos de desinfección reforzados fronte á pandemia de Covid-19.

A previsión é que os traballos poidan concluír este mesmo xoves 27 de agosto.

Doutra banda, a concellaría de Educación de Cuntis reiterou que traballa en poñer en marcha o programa Cuntilín 2020/2021 e as actividades extraescolares coa previsión inicial de que poidan reactivarse a partir do mes de setembro.