Todo preparado en Ribadumia para celebrar este sábado a primeira edición do Carnadal, unha actividad que levará á vila moita música, sorpresas e premios para o mellor disfraz de Nadal.
Unha das sorpresas máis esperadas é a visita de Papá Noel, que repartirá ilusión e felicidade entre os máis pequenos e pequenas da casa. Ás 11:00 horas estará no Concello para recoller as cartas e, ás 17:00 horas, fará un percorrido polas rúas do municipio en compañía do Club Ciclista Ribadumia. Na papanoelada en bicicleta poderán participar todas as persoas que así o desexen, sen necesidade de inscrición previa.
Pola súa banda, os obradoiros infantís comezarán a partir das 16:00 horas na Praza do Concello, seguidos de toda a animación e entretemento que se espera para toda a velada. As actividades continuarán ás 18:00 horas coa animación 'Celebrando o Nadal en familia' a cargo do Dúo Los Dinámicos e as 21:00 horas será a actuación de Maefield DJ Set.
O Concello de Ribadumia convida a todos os veciños e veciñas a asistir aos actos preparados para estas festas e indican que, aínda que os principais protagonistas serán os máis pequenos, non se esquecen dos adultos con actividades "para todos os gustos".
Esta primeira edición do Carnadal está organizada polo Concello en colaboración coa asociación GOTTAS, e as ANPAs do CPI Julia Becerra Malvar e CRA de Ribadumia.