Centos de persoas mobilizáronse en Pontevedra na tarde deste luns para pedir o indulto dos sindicalistas condenados a prisión e para mostrar o seu rexeitamento á "represión sindical".
Este tipo de actos de protesta repetíronse por toda Galicia para esixir ao Consello de Ministros dea o indulto a lousa sindicalistas Carlos Rivas (UGT) e Serafín Rodríguez (CIG), e ás dúas traballadoras pontevedresas Ana e Tamara. Todos eles foron condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete durante unha folga.
Segundo os datos facilitados polos sindicatos convocantes en toda España hai uns 350 casos "semellantes" aos destes catro galegos, e que foron "reprimidos por secundar folgas".
Durante a concentración acusouse ao poder xudicial de exercer como "colaborador na represión da clase traballadora".