Adeus aos cables de alta tensión no catro quilómetros entre Mourente e Ponte Sampaio

Pontevedra
17 de xuño 2026

A actuación permitiu eliminar 18 apoios aéreos, soterrar 3,9 quilómetros de liña de alta tensión e mellorar a integración urbana e a seguridade desta infraestrutura eléctrica

Estrada de Tomeza tras o soterramento da liña de alta tensión
Estrada de Tomeza tras o soterramento da liña de alta tensión / Unión Fenosa Distribución

As obras para soterrar a liña de alta tensión entre Mourente e Ponte Sampaio, nas que Unión Fenosa Distribución investiu máis de cinco millóns de euros, terminaron.

Así o anunciou a compañía, que cualifica esta intervención como "estratéxica" dentro dos seus plans para a provincia de Pontevedra.

A actuación permitiu eliminar 18 apoios aéreos, soterrar 3,9 quilómetros de liña de alta tensión e mellorar a integración urbana e a seguridade desta infraestrutura eléctrica.

A nova infraestrutura subterránea entrou en servizo en novembro de 2025, garantindo desde entón a subministración eléctrica a través do novo trazado.

Durante os últimos meses completáronse os traballos de desmonte da antiga liña aérea e de reposición da obra civil.

Así, os traballos incluíron a reposición integral do pavimento en todo o trazado da actuación, desde a Avenida de Lugo até a estrada de Tomeza.

Unha vez concluídas as obras de canalización, púidose recuperar plenamente a normalidade na zona, garantindo a integración da nova rede na contorna urbana.

O delegado de UFD en Pontevedra, José Luís Mosquera, destacou que esta actuación supón un "importante avance" para a rede eléctrica da cidade.

Pontevedra pasa así a contar cunha infraestrutura "máis moderna, segura e plenamente integrada na contorna urbana", eliminando o impacto visual da antiga liña aérea.