Adrián Esperón, Antón Sobral e a asociación Cristóbal Colón galego, candidatos ao Cidade de Pontevedra

Pontevedra
05 de xaneiro 2015

O rexistro do Concello pechou este luns o prazo de presentación de propostas para estes galardóns que recoñecen o labor de persoas físicas e entidades xurídicas na cidade. Nas últimas horas presentáronse estas tres novas candidaturas, que se suman á de Jaime Blanco, micólogo e presidente da asociación Brincabois, e á Pontevedradaa>

Patricia Martínez e Adrián Esperón nas rúas de Pontevedra
Patricia Martínez e Adrián Esperón nas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

Cinco candidaturas presentáronse este ano aos premios Cidade de Pontevedra. O rexistro do Concello pechou este luns o prazo de presentación de propostas para estes galardóns que recoñecen o labor de persoas físicas e entidades xurídicas na cidade. Nas últimas horas presentáronse tres novas candidaturas, que se suman á de Jaime Blanco, micólogo e presidente da asociación Brincabois, e á Pontevedrada.

En concreto, o Casino Mercantil propuxo ao bailarín Adrián Esperón na categoría de persoas físicas, galardón ao que optará tamén o pintor Antón Sobral e o xa mencionado Jaime Blanco.

Pola súa banda, á candidatura da Pontevedrada, unha marcha solidaria a Santiago para promover a doazón de órganos, únese a da Asociación Cristóbal Colón galego Celso García de la Riega.

O xurado dos premios reunirase nos próximos días para elixir os gañadores.

Os premios Cidade de Pontevedra entregaranse o próximo 20 de xaneiro, día de San Sebastián, no Teatro Principal.