Ainhoa Fernández, a alumna da Florida premiada por promover ir andando ao colexio

Sanxenxo
13 de xuño 2025

Segundo explicou a alumna, cada unha das tres viñetas do seu traballo leva aos distintos momentos polos que pode pasar unha persoa "que comete unha imprudencia en seguridade viaria"

Ainhoa Hernández, gañadora ddo premio nacional '¡Ahora vamos andando al cole!'
Ainhoa Hernández, gañadora ddo premio nacional '¡Ahora vamos andando al cole!' / Concello de Sanxenxo

O colexio da Florida, en Sanxenxo, rendeu este venres unha homenaxe á súa alumna Ainhoa Hernández Pazmiño, de 6º de Primaria, gañadora do premio nacional ¡Ahora vamos andando al cole! organizado por Stop Accidentes e Fundación Mapfre.

O seu debuxo e mensaxe, titulado "As consecuencias da irresponsabilidade", foi un traballo destacado polo xurado pola súa mensaxe "clara e orixinal".

Resultou elixido entre un total de 20.608 alumnos e alumnas de toda España.

A obra gañadora divídese en tres secuencias diferentes baixo os títulos 'O paraíso esperado', 'O xardín dos horrores' e 'O inferno das consecuencias'.

Segundo explicou a alumna, cada viñeta leva aos distintos momentos polos que pode pasar unha persoa "que comete unha imprudencia en seguridade viaria".

O premio nacional inclúe dous recoñecementos compartidos, un cheque de 2.000 euros para unha excursión ou viaxe para a clase da alumna premiada e un cheque de 750 euros para que o colexio adquira material ou equipamento.

Ao estar a piques de terminar as clases e non dar tempo a organizar unha actividade, a dirección acordou regalar a Ainhoa un ordenador portátil para a súa nova etapa educativa na ESO.

Ao acto asistiron os concelleiros de Educación e de Seguridade Cidadá, Nati Parada e Xoán Pérez; representantes de Stop Accidentes e Fundación Mapfre, o xefe da Policía Local, José Manuel Duarte; o policía Abelardo Martínez, "Poli Paco", e familiares da galardoada.